David Meca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
David Meca Medina (Sabadell, España 1974) é un nadador español de longa distancia en augas abertas .
En 2005 sumaba máis de 100 títulos internacionais en probas de longa distancia en augas abertas, entre eles 28 títulos mundiais, o último dos cales foi o de campión do mundo de longa distancia en 25 quilómetros, nos Mundiais de Natación de Montreal 2005.
Estudou interpretación nos Estados Unidos e fixo pequenas incursións no mundo da interpretación e da moda.
[editar] Retos na súa carreira
- Alcatraz: primeiro home na historia en unir a nado a Illa de Alcatraz coa baía de San Francisco, nadando con grillóns, entre tiburóns, con temperaturas extremas e fortes correntes, demostrando así que a historia sobre a imposibilidade de escapar de Alcatraz era tan só ...unha lenda.
- Estreito de Xibraltar: conseguiu bater a marca mundial e cruzalo en tan só 2 horas e 29 minutos, en pleno mes de decembro, con ventos de levante e ondas de até 3 metros.
- Gomera-Tenerife: uniu as dúas illas en tan só 8 horas, nadando entre baleas.
- Tenerife-As Palmas: ofereceu un espectáculo único, batendo todas as marcas, nadando 100 quilómetros en 23 horas e 5 minutos, unha demostración de resistencia e intelixencia, nunha loita entre o home e a soidade do océano en condicións ao límite.
- Xávea-Ibiza: Durante 25 horas e media, nadou os 110 km que separan Xávea (Alacant) de Ibiza (Illas baleares); tivo que superar os 12 ºC da auga do Mediterráneo no inverno, case 14 horas sen luz natural en mar aberto, picaduras de medusas e unha contractura no brazo dereito.
- Lago Ness: O obxectivo era poder cubrir a nado os 36 km de distancia dun dos lagos máis famosos do mundo. As baixas temperaturas obrigárono a deixar a proba cando levaba percorridos 27,5 km.