Cybertron
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No mundo de ficción dos Transformers, Cybertron é o planeta que constitúe o seu fogar. Nas series xaponesas é chamado Seibertron.
Comparativamente sería do tamaño de Saturno, aínda que en Transformers:The Movie Cybertron semella do tamaño da nosa lúa.
O planeta consta de dúas lúas, as cales tamén teñen composición metálica. Nalgúns episodios dos cómics xaponeses, algúns transformers intérnanse por covas ata chegar a zonas rochosas. Durante a guerra civil, as lúas quedaron como únicos refuxios dos Autobots (exceptuando os que se perderon no Arca e chegaron á Terra).
[editar] Orixe
No principio dos tempos, no transcurso da loita primixénea entre Primus e Unicron. Chegan a saltar á nosa realidade e ó estar moi igualados, Primus usa toda a súa enerxía para atraparse con Unicron en pequenos asteroides. Os dous deuses, ó ser consciencias vivas, desenrólanse neses asteroides que quedan afastados todo o Universo un doutro. Unicron tórnase nun planeta máquina, un comedor de mundos. Ten a capacidade de transformarse nun ser antropomórfico de tamaño planetario.
Mentres que Primus converte o seu asteroide nun planeta mecánico vivo, pero no que non ten control. Do chan do planeta, Primus crea ós Transformers, quenes teñen a obriga de defender Cybertron do definitivo ataque de Unicron.
[editar] Segunda orixe
Nos cómics americanos da Marvel, tras o combate de tódolos Transformers unidos contra Unicron. Cybertron comeza un proceso autodestructivo con tormentas electricas e a vida faise imposible no planeta. Os Decepticons rompen a alianza de post-guerra cos Autobots e fuxen. Nunha hábil estrataxema, os dinobots conseguen naves para perseguir ós Decepticons. Logo de loitar e de revelarse o Derradeiro Autobot. Volven a Cybertron que non se estaba a autodestruir, senón que pasaba un proceso de metamorfose e autocuración.