Conurbación do Delta do Río das Perlas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vasto conglomerado urbano do sur de China, que pola súa extensión, en torno ao esteiro do río Xi (das Perlas) entre Hong Kong no sueste e Macao no suroeste, e sobor de todo polo seu rápido crecemento (un dos maiores do planeta en Shenzhen) está chamado a ser, se non o é xa (algúns estudos dan a cifra de cincuenta millóns de habitantes), o maior da Terra nos anos venideros.
Trátase dunha rexión urbanizada con dous centros de maior importanza: ó principal é Hong Kong (Xianggang, ver historia urbana), porto e praza financieira de primeiro orde; ó outro é Cantón (Guangzhou), no vértice norte do delta, capital da provincia de Guangdong e metrópole cultural histórica do sur de China. Outras cidades importantes serían as xa citadas Shenzhen, xusto ao norte de Hong Kong e que fai tres décadas era unha pequena poboación pesqueira, pero tras ser elexida coma primeira "zona económica especial" da república popular en 1980, aberta polo tanto o investimento extranxeiro, converteuse nunha metrópole que se calcula posúe entre cinco e sete millóns de habitantes (a cifra exacta é difícil de saber pois a poboación flotante é enorme); Macao (Aomen), antiga colonia portuguesa e o seu caron, polo norte Zhuhai, cidade porto que tamén experimenta un gran crecimento.
Conurbación do Delta do Río das Perlas:
- Hong Kong (rexión administrativa especial)........ 7.000.000
- Shenzhen (municipalidade).............................. 6.000.000
- Huizhou (municipalidade)................................. 1.000.000
- Dongguan (municipalidade).............................. 2.000.000
- AM de Cantón................................................11.000.000
- C de Macao-Zhuhai-Zhongshan-Jiangmen...........2.300.000