Contaminación lumínica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A contaminación lumínica é a emisión de fluxo luminoso de fontes artificiais nocturnas en intensidades, direccións ou rangos espectrais innecesarios para a realización das actividades previstas na zona en que se instalan as luces. Entre outros efectos, reduce a visibilidade da maioría das estrelas causando problemas ós observatorios astronómicos e perturbando algúns ecosistemas. Dende comezos dos anos 80 existen diferentes movementos organizados de xente preocupada por este problema e que intentan promover campañas de redución da contaminación lumínica. A contaminación lumínica afecta ás zonas máis densamente poboadas pero incluso cantidades reducidas de contaminación lumínica poden causar problemas. Amais da contaminación lumínica existe tamén a contaminación do espectro de radio causada polo incremento das telecomunicacións.
A contaminación lumínica detéctase principalmente como o brillo ou resplandor de luz no ceo nocturno producido pola reflexión e a difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire polo uso de luminarias ou excesos de iluminación, así como a intrusión de luz ou de determinadas lonxitudes de onda do espectro en lugares non desexados. Un claro exemplo desta contaminación é o resplandor que rodea ós aeroportos debido á grande cantidade de luz necesarias para alumar as súas instalacións en horario nocturno.
A redución da contaminación lumínica foi acometida nalgunhas cidades por medio da instalación de sistemas de iluminación nocturnos máis adecuados que difunden unha menor cantidade de luz cara ó ceo e permiten reducir custes de electricidade.
[editar] Enlaces externos
- http://www.celfosc.org/indice.html - Web de Cel Fosc