Coitelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coitelo, ferramenta usada para cortar materiais. Consta dunha folla, normalmente metálica, e frecuentemente acabada en punta, cun ou dous lados afiados, e dun mango. Empregouse como utensilio de cociña e como arma desde a Idade de Pedra.
Os primeiros coitelos foron de pedra, os posteriores avances en metalurxia foron dando lugar a coitelos de bronce, ferro e finalmente aceiro.
Xunto co garfo e a culler, forma parte dos utensilios utilizados para comer en occidente desde hai moito tempo.
Actualmente úsanse sobre todo na cociña, e a súa importancia como arma vai decaendo.
Na cociña empréganse diversos tipos de coitelos para distintas funcións:
- el pataqueiro. De folla curta (menos de 10 cm) e xeralmente curva como o da imaxe. Úsase para pelar e cortar verduras sobre todo.
- o de todo-uso:
- o do pan: con folla longa e gume de serra.
- o de cheff: de folla longa e curvada, serve tanto para cortar como para picar.
- o xamoneiro: de folla longa e fina e moi flexíbel, serve para obter finas tiras de xamón ou doutros friames.
A forma da folla ven determinada polo uso ao que se dedique. Para carne, pan, desosar, peixe ...
[editar] Véxase tamén
- espada
- machete