Citizen Kane
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidadán Kane | |
---|---|
Título orixinal | Citizen Kane |
Fotograma dos créditos |
|
Director | Orson Welles |
Produtor | Orson Welles Richard Baer George Schaefer |
Guión | Herman J. Mankiewicz Orson Welles |
Intérpretes | Orson Welles Joseph Cotten Everett Sloane George Coulouris Dorothy Commingore Ray Collins |
Música | Bernard Herrmann |
Director de Fotografía | Gregg Toland |
Montaxe | |
Distribuidor | |
Ano | 1941 |
Duración | |
País | Estados Unidos |
Xénero | {{{xénero}}} |
Orzamento | |
Filme anterior | |
Filme seguinte | |
Ficha en IMDb |
Cidadán Kane (EUA, 1941) (Citizen Kane, no seu orixinal inglés) é o primeiro filme, feito directamente para cinema, de Orson Welles, quen a dirixe e a interpreta, e é considerado por grande parte dos espectadores e da crítica especializada como unha das obras mestras da historia do cinema e posíbelmente o máis influínte na historia do cinema. Welles fixo dúas curtametraxes antes de "Cidadán Kane", pero para seren utilizados en montaxes teatrais. Pénsase que Cidadán Kane está baseada nas vidas do magnate xornalístico William Randolph Hearst, do aeoronáutico e magnate do cinema Howard Hughes, e do magnate das finanzas Samuel Insull. Welles mantivo que a personaxe principal do filme, Charles Foster Kane, é resultado da mestura dun feixe de historias individuais. O filme estreouse o 1 de maio de 1941. O filme gañou un Oscar ó mellor guión orixinal, e estivo entre as candidatas nestoutras oito categorías:
- Mellor filme - Cidadán Kane
- Mellor actor principal - Orson Welles
- Mellor Dirección Artística - Perry Ferguson, A. Roland Fields, Van Nest Polglase e Darrell Silvera
- Mellor fotografía - Gregg Toland
- Mellor director - Orson Welles
- Mellor montaxe - Robert Wise
- Mellor música - Bernard Herrmann
- Mellor son - John Aalberg
[editar] Sinopse
Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.
O magnate da prensa Charles Foster Kane (Orson Welles) morre só na súa grande e opulenta mansión Xanadú, dicindo unha única palabra: "Rosebud". Coa intención de procurar o significado desa palabra, un xornalista, Jerry Thompson, investiga ás persoas que viviron e traballaron con Kane. Cada unha delas explícalle os seus recordos, que resultan moi informativos sobre Kane, pero que non aclaran o misterio da palabra pronunciada no derradeiro intre da súa vida, que si se descubre nunha das últimas escenas do filme. Así, o xornalista mergúllase na vida dun home solitario, que dende a súa infancia, cando é mercado á súa familia e posto baixo tutela dun banco, é obrigado a seguir a vontade allea. Charles Foster Kane, a sabendas de que se non fose tido mercado sería unha mellor persoa, trata de conseguir o éxito en todo o que fai e de estendelo ó seu arredor, mais, sen embargo, o que consegue é ir quedando só. Kane trata de procurar a través da adquisición de bens e persoas a infancia perdida.
Nos flashbacks da vida de Kane míraselle cando era neno no primeiro deles, seguido pola súa entrada no negocio do xornal Inquaire, o cal é convertido en “prensa amarela”; o seu ascenso no poder; o seu primeiro casamento, coa sobriña do Presidente dos Estados Unidos; a súa carreira para gobernador, e o escándalo amoroso argallado polo seu contrincante que remata con esa carreira; o seu segundo casamento cunha muller que el converte en cantante de ópera; e a súa actitude ditatorial que leva á destrución do seu círculo de amizades, da súa parella e de el mesmo. Ó final, Thompson conclúe que “rosebud” é unha peza perdida do crebacabezas da súa vida, e non unha palabra que describa a vida dun home. Na conclusión do filme revélase o significado de “rosebud”, que é ... o nome da zorra que tiña cando era neno, e que simboliza a inocencia perdida na infancia. A zorra é tirada ó lume para ser queimada, xa que foi encontrada coma un trasto inútil polos que a lanzaron.
[editar] Innovacións fílmicas
Cidadán Kane foi a primeira longametraxe de Orson Welles, rapaz prodixio que gañara fama cas súas pezas de teatro e narracións radiofónicas. No entanto, o filme tivo unha forte oposición por parte de William Randolph Hearst que xulgaba que o filme deformaba e prexudicaba a súa imaxe, tanto que prohibiu realizar análises ou mesmo mencionar o filme no seu conglomerado de medios de comunicación. Esto afectou ó éxito do filme. Mesmo dirixindo outros filmes após Cidadán Kane, Orson Welles nunca mais conseguiu restabelecer a súa fama ata ser contratado novamente por un grande estudio de Hollywood. Cidadán Kane marcou a súa época debido ás innovacións técnicas narrativas e ós encadramentos cinematográficos. Empregou tódolos recursos existentes ata entón de maneira maxistral: emprego da profundidade de campo (seguramente influenzado polo realismo poético de franceses como Jean Renoir), fotografías en claroscuro e xogos de iluminación (herdanza do expresionismo alemán de comezos de século) e notábel emprego dos movementos de cámara e emprego de guindastres. Pero tamén engadiu algo absolutamente novo: a mirada persoal do autor, o director como un narrador omnisciente que pretende contar a historia á súa maneira, axudándose para isto de ferramentas coma o picado e o contrapicado. Tamén desarmou a cronoloxía da maioría das historias que eran proxectadas na pantalla grande, comezando a narración polo final, in extrema res.
[editar] Ligazóns externas
- The American Film Institute's "100 Greatest Movies" list (en inglés)
- Original Trailer (en inglés)