Cidadáns de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidadáns de Galicia (CIDEGA) é un partido galego que se autodefine como galeguista de centro rexistrado o 22 de outubro de 2006. Dirixido por Adolfo Reymóndez, ex-concelleiro e presidente do Partido Popular de Galicia en Rianxo. Ten previsto presentarse ás eleccións municipais de 2007, a pesar do parecido dos nomes non ten relación orgánica ningunha con Ciutadans de Catalunya.