Cero absoluto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cero absoluto é a temperatura teórica máis baixa posible e caracterízase pola total ausencia de calor. A esta temperatura o nivel de enerxía do sistema é o máis baixo posible polo que as partículas, segundo a mecánica clásica carecen de movemento; non obstante, segundo a mecánica cuántica, no cero absoluto debe haber unha enerxía residual, chamada enerxía de punto cero para poder cumprir o principio de indeterminación de Heisenberg. O cero absoluto serve de punto de partida tanto para a escala de Kelvin como para a escala de Rankine. Así, 0ºK corresponden, aproximadamente, á temperatura de -273,15 ºC e -459,7ºF.
Segundo a terceira lei da termodinámica o cero absoluto é un límite inalcanzable. Unha consecuencia disto é que a entropía dun cristal puro e perfecto é cero.
[editar] Véxase tamén
- Física
- Kelvin
- Rankine
- Termodinámica