Carmen Ascaso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carmen Ascaso Ciria é unha bióloga española, nada en Castillo de Pompién (Lascasas, Huesca).
Aplicadora de novas técnicas de Microscopía Electrónica por ela descubertas, na actualidade é Subdirectora do Instituto de Recursos Naturais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), directora do Servizo de Microscopía e Ecoloxía Microbiana. O seus estudos do ALH84001, meteorito de orixe marciana descuberto na Antártida e caído na Terra vai uns 13000 anos, leváronna ó descubrimento de pequenos cristais magnéticos (de magnetita) típicamente de orixe biolóxico, o que apoia a Teoría da Panspermia. Estas investigacións foron levadas en compañía de Jacek Wierzchos