Carballo (árbore)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carballo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Ver a lista de especies de carballo | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O carballo (Quercus sp.) é xénero de árbores caducifolias moi robustas. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico como por zonas de clima mediterráneo e en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas.
Común en toda Galicia, o carballo está en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución das zonas onde había carballeiras por piñeiros ou eucaliptos; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos.
É unha árbora robusta, que pode alcanzar 30 metros con ramas que comezan xa desde a parte inferior.
A madeira do carballo foi moi utilizada para construír embarcacións e hoxe é tamén moi apreciada para moblaría.
En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas as máis importantes son: o carballo (Quercus robur L.), a especie máis estendida; o carballo rebolo, cerquiño ou cerqueiro (Quercus pyrenaica Willd.) e o carballo albar, máis escaso en xeral, aínda que abundante nas zonas altas do interior de Ourense e Lugo (Quercus petraea (Mattuschka) Liebl.). Ademais destas especies cabe mencionar tamén o carballo americano (Quercus rubra L.) e a sobreira e a aciñeira, que tamén pertencen o xénero Quercus (Q. suber L. e Q. ilex L. respectivamente).