Capela Sistina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Capela Sistina é unha capela localizada no Vaticano, ao norte da Basílica de San Pedro. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada a 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os cales a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.
É tamén famosa por ser o local onde se reúnen os conclaves e se fan certas cerimonias, como as coroacións papais.
A capela ten forma rectangular (40,93 m por 13,41 m, as dimensións do Templo de Salomón, tal como descritas no Antigo Testamento). Ten 20,70 metros de altura e 6 xanelas.
Despois das obras de restauración entre 1981 e 1994, que lle restauraron o brillo orixinal do tempo de Michelangelo, voltou a capela a estar aberta ao público que visita o Museo do Vaticano. A pintura do teito da Capela Sistina está no filme Agonía e Éxtase.