Calendario persa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Calendario Persa ou Calendario Iraní é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.
Este calendario foi adoptado en 1925 e se considera máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mientras que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.
O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano. O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.
[editar] Nome dos meses
Abaixo está a relación dos doce meses do calendario persa:
Período | Nome | Nome en persa | Días | Significado |
21 de marzo - 20 de abril | Farvardin | فروردین | 31 | Gloria da consciencia relixiosa |
21 de abril - 21 de maio | Ordibehesht | اردیبهشت | 31 | Virtude suprema |
22 de maio - 21 de xuño | Khordad | خرداد | 31 | Saúde, plenitude |
22 de xuño - 22 de xullo | Tir | تیر | 31 | Vivo |
23 de xullo - 22 de agosto | Mordad | مرداد | 31 | (I)mortalidade* |
23 de agosto - 22 de setembro | Shahrivar | شهریور | 31 | Territorio vivo |
23 de setembro - 22 de outubro | Mehr | مهر | 30 | Honestidade, amor |
23 de outubro - 21 de novembro | Aban | آبان | 30 | Auga |
22 de novembro - 21 de decembro | Azar | آذر | 30 | Lume |
22 de decembro - 20 de xaneiro | Dej | دی | 30 | Creador (Deus) |
21 de xaneiro - 19 de febreiro | Bahman | بهمن | 30 | Boa intención |
20 de febreiro - 20 de marzo | Esfand | اسفند | 29 ou 30 | Santa devoción |
* A forma antiga era Amordad, que, realmente, significa inmortalidade. A forma actual é antónimo de inmortalidade.
[editar] Días da semana
Nese calendario, a semana posúe sete días, comezando no sábado e rematando o venres. Os nomes dos días da semana do calendario son:
- Shanbeh (شنبه en Persa) equivalente ó sábado.
- Yekshanbeh (یکشنبه en Persa) equivalente ó domingo.
- Doshanbeh (دوشنبه en Persa) equivalente ó luns.
- Seshanbeh (سه شنبه en Persa) equivalente ó martes.
- Chaharshanbeh (چهارشنبه en Persa) equivalente ó mércores.
- Panjshanbeh (پنجشنبه en Persa) equivalente ó xoves.
- Jom'eh (جمعه en Persa, orixinalmente Árabe) ou Adineh (آدینه en Persa) equivalente ó venres.