Bruce Pavitt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bruce Pavitt é o fundador do selo discográfico Sub Pop.
Pavitt comezou un fanzine titulado Subterranean Pop en Olympia en 1979 que trataba sobre bandas de rock independentes dos Estados Unidos. A través do fanzine foron editados tres cassettes recompilatorios. En 1986 Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop (o -terranean do nome fora quitado tempo atrás): o Sub Pop 100. O EP de Green River Dry As a Bone seguíuno en 1987.