User:Brankses
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wikipedia:Babel | ||
|
||
|
||
|
||
Template:User la-1 | ||
Procurar usuarios por lingua |
Brankses, comunmente coñecido polo nome artístico de Iago, digo artístico porque fun "algo grande" cando nacín (a miña nai sufriu coma unha condenada para sacarme de... de aí). Bromas á parte eu son un habitante da Coruña, gústanme a história e a filoloxía e ando algo perdido en canto se está a falar de ciencias, matemáticas e toda esa léria para dummies (:P).
De momento as miñas aportacións para a galipedia son traducións doutros artigos en castelán, pero supoño que calquera día pódome poñer a redactar como na escola (que tempos!). En resumidas contas, son tan lacazán que é mellor non esperar moito de min, se tal unha páxina ou dúas ó ano, que é o meu máximo récord, mais creo que desta vez vou despegar dunha vez por todas co meu GPA (Gran Proxecto de Ampliación). O "gapeá" consiste en darlle un empurrón definitivo á galipedia para aumentar substancialmente o número de artigos e así chegar á mesa dos maiores,
alá imos primeira división!
Volume 1, Número 3 — 6 de decembro de 2006 |
Opina e deixa as túas impresións sobre a evolución deste wiki. En Escribe na area hai unha lista dos colaboradores que contribuiron a chegar a esta cifra.
Un mosaico de 1200 imaxes da insignia da fundación de Wikimedia para celebrar que o ficheiro "un millón" foi subido a Commons. Un dos xeitos de achegarse a este repositorio multimedia é a través da Imaxe do día.
Activada a importación transwiki nos wikis en galego.
Sistema de referencias para citar as fontes dos artigos, mediante o uso de: <ref></ref> <references />: Na categoría en inglés vense os modelos dispoñibles.
Entre o 25 de novembro e o 15 de decembro está aberta a votación para a elección de novos stewards en Meta. |