Bebop
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bebop é unha onomatopeia supostamente inventada por Dizzy Gillespie (na forma rebop) para referirse á síncopa característica deste estilo, evolución do Jazz durante a II Guerra Mundial, cara a unha maior complexidade rítmica, armónica e estrutural e unha interpretación mais libre e agresiva.
Musicalmente, o bop era unha evolución do swing e unha reacción contra o caráter comercial e previsíbel que estaba adquirindo. Os músicos cansos de estar toda a noite tocando arranxos tediosos cando acababan os seus traballos reuníanse en locais de Harlem, principalmente o Minton's Playhouse e improvisaban até o abrir do dia. Entre os que se reunían estaban: Charlie Christian, Lester Young, Kenny Clarke aos que se uniron os dióscuros do bebop: Charlie Parker e Dizzy Gillespie. Os músicos xovens incluían harmonías audaces e duplicaban os ritmos (tocar en 8/4 cando o tema está en 4/4), en parte por diversión, pero tamén para desanimar aos músicos da vella escola ou pouco dotados. Por causa da folga de gravacións do sindicato de músicos de 1942 a 1944, os seus comezos non están documentados e até 1945 non se grava o primeiro disco de bebop. Nun comezo o estilo foi fortemente contestado polos músicos maiores e os afeizoados, pero o Jazz é unha música de músicos e entre eles axiña prendeu; e pese ás enormes dificuldades técnicas que conlevaba, para 1949 todo era bebop. Durante os anos cincuenta producironse duas reacción a este estilo: o Hardbop estilo mais simples e enraizado no gospel, e o Cool Jazz mais desapaixonado e con arranxos mais complexos.
[editar] Evolucións do Bebop
- Hardbop
- Cool
[editar] Outros músicos deste estilo
- Bud Powell
- Thelonious Monk
- Max Roach
- Miles Davis