Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Batman |
Cuberta de Detective Comics #27. Por Bob Kane.
|
Editorial |
DC Comics
|
Primeira aparición |
Detective Comics #27 (maio de 1939))
|
Creado por |
Bob Kane e Bill Finger |
|
Datos Vitais |
Nome real |
Bruce Wayne
|
Status |
Activo
|
Afiliacións |
Justice League of America
|
Anteriores afiliacións |
The Outsiders (só Pre-Crisis); Justice Society of America; All-Star Squadron
|
Outros alias |
The Dark Knight (O Señor da Noite), The Caped Crusader (O Cruzado da Capa), The World's Greatest Detective (O Maior Detective do Mundo).
|
Parentes máis destacados |
Thomas Wayne (pai, falecido), Martha Wayne (nai, falecida), Dick Grayson (Robin I / Nightwing, fillo adoptivo), Jason Todd (Robin II, fillo adoptivo, falecido), Philip Wayne (tío, falecido), Catwoman (esposa nunha vida enterior), Helena Wayne the Huntress (filla nunha vida enterior).
|
Poderes |
Ningún, pero é un magnífico detective. Está en moi boa forma física, ten grandes coñecementos de artes marciais e emprega numerosos aparatos de tecnoloxía punteira. |
|
Batman (O Home Morcego) é un superheroe de banda deseñada, que apareceu por primeira vez na historia O estraño caso do sindicato químico da revista Detective Comics #27 en maio de 1939. Foi creado polo artista Bob Kane e o escritor Bill Finger, aínda que só Kane recibiu crédito oficial. Ao principio Batman non era máis que un dos personaxes que aparecían en Detective Comics, pero co tempo converteuse en protagonista de cómics e filmes, compartindo o éxito con outro personaxe de DC Comics, Superman. Tempo despois, outro personaxe comezou a acompañar a Batman nas súas aventuras, Robin, rapaz cunha personalidade alegre e aberta que contrastaba co escuro carácter de Batman. Varios personaxes ocuparon o rol de Robin ao longo das series de Batman: Dick Grayson, Jason Todd e na actualidade, Tim Drake.
Batman tivo varias adaptacións tanto animadas como non. As dúas primeiras adaptacións para o cinema, Batman e Batman Returns foron dirixidas por Tim Burton en 1989 e 1992 respectivamente, a última adaptación para o cinema dirixiuna Christopher Nolan no ano 2005 co título de Batman Begins
Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. |