Bares, Mañón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bares é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo da ría do Sor.
O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. A localidade máis importante é o porto pesqueiro de O Barqueiro. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que abundaban en tempos os muíños de vento e as aceas.
Atopáronse varias mámoas e o espigón do porto disque o construíron os fenicios. O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.