Bandeira de Laponia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A bandeira lapona é a bandeira dos pobos sami ou lapóns, utilizada na terra que habitan, Laponia. Foi oficialmente recoñecida en 1986 pola Conferencia Nórdica dos Sami (Pohjoismainen saamelaiskongressi, Nordiska Samekonferensen) para ser empregada en contextos sami. Non é oficial en ningún país (de feito o territorio de Laponia está dividido entre os países escandinavos).
[editar] Significado
As catro cores da bandeira, o vermello, o azul, o verde e amarelo, son as cores do gakti. O círculo emprégase como símbolo do sol e da lúa. A parte azul deste simboliza a lúa e a vermella ó sol.
[editar] Orixe
O deseño da bandeira saiu do poema Paiven parneh (os fillos do sol), onde se describe ós sami como os fillos e as fillas do sol.
A bandeira lapona foi inaugurada durante a Conferencia Sami de Åre, Suecia, de 1986. Foi o resultado dunha competición para a cal se incorporaron moitas suxerencias, pero que foi gañada polo artista noruegués Astrid Båhl, tralo cal se incorporou como bandeira o seu deseño.