Banda Aceh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Banda Aceh (antes coñecida como Kutaradja, forma que aínda empregan os independentistas achineses)) é a capital e cidade principal de Aceh, Indonesia, localízase no norte da illa de Sumatra, conta con 225.000 habitantes.
O 26 de decembro de 2004 un dos máis mortíferos desastres naturais da historia moderna, o Terremoto do Océano Índico 2004, bateu a costa occidental de Sumatra e destruíu o 60% de Banda Aceh.