Ayn Rand
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ayn Rand (seudónimo de Alissa Zinovievna Rosenbaum), escitora estadounidense de orixe rusa. Naceu en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1905 e morreu en Nova York o 6 de marzo de 1982.
Foi a maior de tres irmás, estudiou Historia e Filosofía na Universidade de San Petersburgo (por entón Petrogrado). En 1924 iniciou estudos no Instituto Estatal de Artes Cinematográficas, xa que a súa ambición persoal era a escritura de guiones cinematográficos. Alí seguiu escribindo historias curtas, guiones e anotacións esporádicas no seu diario, no que expresou ideas intensamente antisoviéticas.
Ayn Rand detestaba a Rusia, e máis aínda dende a revolución de 1917, que roubara ao seu pai o seu negocio de farmacia e empeorado aínda máis as condicións de vida. Coñecendo Nova York polas películas norteamericanas, Ayn Rand tiña moi claro que quería emigrar aos Estados Unidos. A finais de 1925, Ayn Rand conseguiu un visado para abandona-lo país e visitar a parentes seus xa establecidos en Estados Unidos onde chegou en febreiro de 1926, con 21 anos.
En 1929 casou co actor Frank O'Connor, e ela mesma aparecería como extra na película Rei de Reis, de Cecil B. DeMille. En 1931 adquire a ciudadanía americana.
[editar] Obra
- Red Pawn (1932, guión de cine)
- Noite do 13 de xaneiro (1934, teatro)
- Os que vivimos (1936, We the living, novela)
- ¡Vivir! (1938, Anthem, novela)
- O manantial (1943, The Fountainhead, novela)
- A rebelión de Atlas (1946-1957, Atlas Shrugged, novela)
- A virtude do egoísmo (The Virtue of Selfishness, ensaio)
[editar] Ver
- Obxectivismo