Autoglotónimo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome que lle dan a unha lingua os seus propios falantes. Ás veces é significativo da consideración sociolingüística que eles teñen de si mesmos ou da súa lingua. Isto dáse por exemplo nas zonas estremeiras orientais do galego exterior, onde os propios falantes designan a lingua que usan como a fala ou ben galego chapurreau. Estes dous exemplos amosan as dúas primeiras variantes de autodesprestixiación:
- unha designación equívoca, ambigua e abstracta: A nosa fala;
- unha denominación despectiva, normalmente con denotación de híbrida: Castrapo ou Galego acastrapado;
- o outro tipo é o uso dun heteroglotónimo: Perdoe, pero aquí non lle falamos máis que en gallego;
- o uso dun nome local: benasqués ou valverdeiru;
(cf. Autónimo e heteroglotónimo)