August Petermann
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
August Heinrich Petermann (1822 – 1878) foi un xeógrafo e cartógrafo alemán.
Naceu en Bleicherode, preto de Nordhausen, aos dezasete anos entrou na Escola xeográfica de arte de Potsdam e en 1845 trasladouse a Edimburgo para traballar como axudante de Keith Johnston na realización dunha edición inglesa do Atlas de Xeografía Física de Heinrich Berghaus.
En 1847 pasou a residir en Londres e en 1854 converteuse director do Instituto Xeográfico de Justus Perthes de Gotha, e fundou a revista Petermanns_Geographische_Mitteilungen en 1855. Petermann foi o editor da 4ª, 5ª e 6ª edicións do Stielers Handatlas.
A súa obra axudou a fixar a xeografía do interior de África e das rexións do Polo Norte.