ATP
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ATP, ou Adenosín Trifosfato, é un composto de gran importancia biolóxica, xa que actúa como mecanismo de control en certas reaccións bioquímicas que se dan na célula. Coñecido tamén coma a modea de enerxía celular, debido a alta enerxía de hidrólise de enlaces fosfodiéster de fácil acceso.
O ATP forma parte do grupo bioquímico dos nucleótidos,a súa base nitroxenáda é a adenina e o seu monosacárido é a ribosa. Cabe dicir que que como o seu nome indica, no carbono 5' posúe os tres átomos de fósforo unidos mediante enlaces fosfodiéster de alta enerxía.
A hidrólise dun dos dous enlaces fosfodiéster (xeralmente o primeiro, nunca o terceiro), ten un incremento de enerxía ceive de Gibbs de 30.5 kJ/mol. Esta enerxía é aproveitábel para formar enlaces cuxa formación sería endergónica se non estiver acoplada a dita hidrólise, un claro exemplo desta enerxía é a síntese de ácidos nucleicos.
Cómpre mencionar a súa importancia como mecanismo de control proteico, xa que o feito de ter un fosfato nun lugar determinado, activa ou inactiva unha proteína; habitualmente dito fosfato é aportado por unha molécula de ATP
Producto da hidrólise do ATP son ou ben o Fosfato inorgánico(Pi) e o Adenosín Difosfato(ADP), ou ben o Pirofosfato(PPi) e o adenilato(AMP). Esta última reacción cara Pirofosfato e AMP é de especial importancia na sinalización intercelular acoplada aos receptores de serpentina de membrana. Neste proceso a Adenilato Ciclase produce adenilato cíclico (cAMP) e PPi. Dito adenilato cíclico controla as numerosas PKA, proteinas quinases dependentes do adenilato cíclico, que fosforilan a outras proteínas inducindo así a súa activación ou inhibición.