Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O 7 de xullo de 2005 catro bombas afectaron ao sistema de transporte de Londres, tres bombas estouparon simultaneamente na rede do metro, e unha nun autobús media hora despois, pero todas na hora punta da mañá.
As explosións nas estacións de Edgware Road e Aldgate East paralizaron a rede do metro de Londres. Os atentados coincidiron coa xuntanza do G8 en Escocia, onde estaba o primeiro ministro británico, Tony Blair. É case seguro que os catro atentados formen parte dun único ataque terrorista, de natureza semellante ao que ocorreu en Madrid o 11 de marzo de 2004, organizado por grupos terroristas con base no Reino Unido, posiblemente integrado en al Qaida asumiu a responsabilidade dos atentados. Hai 55 mortos confirmados e 700 feridos, dos que 350 requeriron tratamento e 22 están nun estado crítico. A policía identificou catro homes que transportaron as bombas e que morreron nos ataques, ademais detivéronse dúas persoas, unha en Leeds e outra no Cairo.