Arthur Friedenreich
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Artur Friedenreich foi un futbolista brasileiro. Nado en São Paulo o 18 de xullo de 1892. Alcumado O Tigre ou Fried, el foi a primeira grande estrela deste deporte.
Despóis de xogar en diversos clubes de São Paulo de 1910 en diante, Friedenreich fixo a súa estrea na Selección Brasileira en 1914. Xogou 22 encontros internacionais, incluíndo as conquistas das edicións Copa América de 1919 e 1922, marcando dez goles. Na xira do Brasil por Europa en 1925, chamábano o Rei do Futebol.
Friedenreich xogou en São Paulo nos equipos do Paulistano (1909-1929) e o São Paulo (1929-1931), antes de se mudar a Rio para xogar no Flamengo (1929-1931). Foi o máximo anotador no Campeonato Paulista de Futebol en nove ocasións.
Dise que marcou 1329 goles, o que o faría o maior artilleiro de tódolos tempos, superando a Pelé, que marcou 1280. O problema é que ese número nunca se comprobou.
Retiruouse no Flamengo en 1934 aos 42 anos de idade e morreu o 6 de setembro de 1969 ós 77 anos.
Clubes:
Germânia (1909 e 1911)
Ypiranga (1910 e 1913 a 1915 e 1917)
Mackenzie (1911)
Brasil-SP (1912)
Americano-SP (1912)
Atlas-SP (1914)
Paysandu-SP (1915 e 1916)
Paulistano (1916 a 1929)
Flamengo (1917 e 1935)
Internacional-SP (1929)
Atlético Santista (1929)
Santos (1930 e 1935)
Dois de Julo-BA (1933) Atlético Mineiro (1933) São Paulo da Floresta (1930 a 1935)