APT
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Avanced Packaging Tool, ou APT ("Ferramenta avanzada de xestión de pacotes") é un sistema xestor de pacotes usado pola Debian e seus derivados. APT foi deseñado orixinalmente para traballar con pacotes .deb en sistemas Debian, pero xa foi modificado para traballar con pacotes RPM con apt-rpm, e para correr noutros sistemas operativos como o MacOS X. En sistemas con xestión de pacotes baseados en .deb, como a Debian, APT é realmente unha interface para dpkg.
APT simplifica o proceso de instalación e desinstalación de software en sistemas Unix, automatizando a obtención, (dende o Internet, rede local, ou CD-ROM a configuración, a compilación (algunhas veces) e a instalación do software dende as fontes APT.
Non hai un programa apt por si mesmo; APT é unha libraría escrita na linguaxe C++ de funcións que son usadas por varios programas de liña de comandos (consola) para o tratamento de pacotes; os máis destacados son apt-get e apt-cache.
As interfaces do APT poden actualizar todo o sistema ou só pacotes específicos. Os pacotes poden ser instalados ou desinstalados. Cando se instalan un ou varios pacotes, as interfaces do APT poden listar as dependencias deses pacotes, preguntándolle ao administrador do sistema se os pacotes recomendados ou suxeridos deberían ser instalados tamén, instalar automaticamente as dependencias e realizar outras operacións no sistema de pacotes para permitir a instalación dos pacotes. Da mesma maneira, para actualizar un ou varios pacotes, as interfaces pode instalar, desinstalar ou actualizar outros pacotes.
APT é considerado amiudo como unha das mellores características da Debian, téndolle dado a Debian a reputación de ser unha "dor para instalar, pero unha alegría para manter", ainda que coa Debian 3.1 e seu Instalador-Debian (Debian-Installer), a instalación da Debian sería xa hoxe en día demasiado sinxela como para dar por certo isto.