Antigo Réxime
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Antigo Réxime (Ancien Régime (Vella Orde) en francés) é o termo utilizado polos revolucionarios franceses para referirse aos tempos anteriores ao inicio da Revolución francesa de 1789 e que pasou a denominar a organización social e política da Europa Moderna, onde se fraguou a ruptura definitiva do feudalismo.
As súas principais características eran a monarquía absoluta baseada no dereito divino do rei, no cumio da pirámide social, e unha división social ríxida en tres estamentos: a aristocracia, o clero e o terceiro estado.