Antônio Carlos Gomes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antônio Carlos Gomes (Campinas 1836 - Belém 1896). Compositor brasileiro, é un dos máis importantes compositores do século XIX, o primeiro compositor americano en ver a súa obra recoñecida en Europa.
Protexido do emperador Pedro II do Brasil, en 1861 estreou a súa primeira ópera, A noite do Castelo, en 1870 estrea en La Scala de Milán, Il Guarany (baseada na novela de José de Alencar) que tivo un enorme éxito.