Andrew Jackson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andrew Jackson (Waxhaw 1767-Nashville 1845 foi o sétimo presidente dos Estados Unidos.
Andrew Jackson foi maxistrado da Corte Suprema de Tennessee e gobernador do territorio de Florida (1821). Na guerra de 1812, derrotou ós ingleses e apoderouse de Nova Orleáns. Isto e a conquista de Florida, cedida logo por España, convertírono en heroe nacional. Venceu ós indios creek e ós semínolas.
En 1829 foi elixido presidente, reelixido en 1833. Populista e carismático, o seu goberno achegou a administración ós cidadáns pero fracasou no económico, a partires de 1837 sucederíase unha grave crise económica.
Presidente dos Estados Unidos | ||
---|---|---|
Segue a: John Quincy Adams |
Andrew Jackson (1829-1837) |
Precede a: Martin Van Buren |
Partido Demócrata (Estados Unidos) |