André Marie Ampère
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
André Marie Ampère (Lyon 1775 - Marsella 1836), físico francés. Autor xa dende moi novo de traballos matemáticos, tamén se interesou polos grandes problemas da Física e da Química do seu tempo. En 1814 desenvolveu a hipótese (xa formulada independentemente por Avogadro) segundo a cal tódolos gases a igualdade de volume, presión e temperatura conteñen o mesmo número de moléculas. Tamen estudiou as accións mutuas das correntes e os imans, e puxo as bases da electrodinámica. En 1821 emitiu a hipótese de que as moléculas dun corpo se comportan coma correntes particulares que a imantación pode dirixir. Inventou o galvanómetro, o primeiro telégrafo eléctrico, e, xunto con Arago, o electroimán.