André Citroën
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enxeñeiro e industrial. Nado en París en 1878. Fundou a «Société Anonyme André Citroën» (coñecida coma Citroën) en 1919. Foi o primeiro en Europa en empregar métodos de traballo en cadea. Algunhas das súas inovacións foron o encendido eléctrico, a carrocería monopraza e a tracción dianteira.
[editar] Biografía
André Citroën naceu o 2 de febreiro de 1878. Os seus pais eran un xudeu holandés vendedor de diamantes, Levie Citroen, e Mazra Kleinmann nada en Polonia. Aos vinte anos graduouse na Ecole Polytechnique, a máis prestixiosa escola de enxeñería francesa.
O seu primero traballo foi nunha empresa de fabricación de rodas propiedade duns amigos da familia, onde viu o sistema de engrenaxe que lle serviu de inspiración para a dobre frecha ou chevron que empregou como logotipo nos seus coches. No ano 1912 Citroën visitou os Estados Unidos e a nova fábrica de Henry Ford onde observou os métodos de traballo en cadea empregados na produción do Model T e que permitían maior eficiencia na fabricación dos automóbiles.
Durante a I Guerra Mundial Citroën fabricou armas e ao seu remate fundou a «Société Anonyme André Citroën» dedicada á fabricación de automóbiles. O ano seguinte da súa inaguración fabricou 20.000 automóbiles.
A principios dos anos trinta Citroën era o cuarto maior fabricante de automóbiles do mundo, pero en 1934 amoreaba débedas multitudinarias dos anos anteriores e, o maior acredor da compañía, o fabricante de pneumáticos Michelin tomou o control da fábrica, reducindo os gastos.
André Citroën faleceu dun cancro de estómago o 3 de xullo de 1935 en París.