Amiens
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amiens é un concello, capital do departamento de Somme, Picardia, Francia. Conta con 120.000 habitantes, situada nas ribeiras do río Somme.
[editar] Historia
A cultura achelense debe o seu nome ao barrio de Saint-Acheul, un barrio de Amiens. Amiens foi a capital dos Ambiani, unha das principais tribos galas. Os romanos denominaron á cidade Samarobriva. A conquista de Inglaterra polo emperador Claudio e a apertura de novas rotas en Galia e Bélxica reforzaron o papel da cidade.
[editar] Arquitectura
Famosa catedral gótica do 1220-1247, unha das máis fermosas de Europa.