Alphonse Daudet
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alphonse Daudet (1840 - 1897) foi un escritor francés.
Alphonse Daudet naceu en Nimes, Provenza no seo dunha familia burguesa, o seu pai posuía unha fábrica de bufandas, en 1848 ao quebrar o negocio a familia trasladouse a Lion. En 1856 Daudet tivo que interromper os seus estudos e comezou a traballar como mestre en Alès durante uns meses, ata que o 1 de novembro de 1857 marcha a vivir co seu irmán Ernest a París. Alphonse comeza a escribir poemas, que recolle en Les Amoureuses (1858) que lle deu unha certa celebridade e consegue un emprego en Le Figaro, e entre 1860 e 1865 traballou como secretario do duque de Morny, ministro de Napoleón III, á súa morte Alphonse conságrase case por enteiro a escribir
En 1866 publica, logo dunha viaxe pola súa Provenza natal, no xornal l'Evénement Cartas desde o meu muíño (Lettres de mon moulin) co título de Crónicas provinciais, no que retrata en forma de contos as tradicións, a paisaxe e os costumes provenzais e que gozaron de gran popularidade antes da súa aparición en libro en 1869.
En 1868 edita Le petit chose, novela autobiográfica na que evoca a súa experiencia como mestre e que non tivo éxito, o que si conseguíu en 1872 con Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon.
Durante a guerra franco-prusiana Daudet alístase no exército e participa na defensa de París (1870), asediada polas tropas prusianas, a súa experiencia bélica quedará reflectida en varios relatos seus.
Daudet foi un escritor cercano ao naturalismo, cun estilo cheo de luz e cor cun lene humor lírico, evitando sempre o pesimismo.
Dende 1884 sofreu unha enfermidade incurable, con dores noite e día, que soportou con estoicismo ata a súa morte o 16 de decembro de 1897 en París.
[editar] Obras
- Les Amoureuses (1858),
- Cartas desde o meu muíño (1866
- La petite chose (1868),
- Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon (1872
- L'Arlésienne (1872)
- Fromont jeune et Risler aîné (1874)
- Contes du Lundi (1875)
- Jack (1876)
- Le Nabob (1877)
- Les Rois en exil (1879)
- Numa Roumestan (1881)
- Sapho (1884)
- Tartarin sur les Alpes (1885
- Trente ans de Paris (1887)
- Souvenirs d'un homme de lettres (1888)
- L'Immortel (1888)
- Port-Tarascon (1890)
- La Belle Nivernaise