Alioli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O alioli é unha salsa de sabor forte orixinaria do levante español. Na súa versión orixinal consistía en allos machacados e aceite de oliva (all i oli significa allo e aceite) ligados até formar unha crema. Incluso hai morteiros cerámicos especiais para tal fin.
Na actualidade é máis frecuente elaborar o alioli a a partir dunha maionesa á que se lle engade allo, pois o sabor do orixinal resulta agresivo para o padal moderno.