Alexandre II de Rusia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alexandre II foi Emperador e Autócrata de Todas as Rusias de 1855 a 1881. Fillo do emperador Nicolau I de Rusia e da princesa Carlota de Prusia (que tomaría o nome de Alexandra Feodorovna), naceu en Moscova o 29 de abril de 1818. Casou en 1841 coa princesa María de Hesse e do Rin. Deste matrimonio nacería o seu sucesor, Alexandre. Ao mes de quedar viúvo (1880) casou en segundas nupcias coa princesa Catherine Dolgoruky, que tomaría o título de Princesa Iurievska. Os fillos habidos desta muller antes do matrimonio foron lexitimados ao pouco de casaren. Alexandre morreu asasinado en San Petersburgo o 13 de marzo de 1881.