Alexandría - الإسكندرية
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alexandría (en árabe, الإسكندرية — al-Iskandariyyah) é a segunda cidade e principal porto de Exipto, situada no delta do río Nilo na costa do Mar Mediterráneo localizada a 31°12′ norte e 29°15′ leste. Conta cuns 3.341.000 habitantes.
[editar] Historia
Alexandría foi fundada por Alexandre o Grande no ano 334 a.C., o arquitecto xefe do proxecto da cidade foi Deinocrates de Rodas, a cidade medrou grazas ao comercio do gran exipcio cara a Grecia e logo cara a Roma.
Despois da marcha de Alexandre, o seu vicerrei, Cleomenes, continuou a creación de Alexandría, aínda que o Heptastadion e os barrios do interior semellan ser traballo da época ptolomeica. Grazas ao comercio entre Europa e Arabia e o leste da India, en menos dun século fíxose tan grande como Cartago, e durante séculos tan só Roma tiña máis habitantes. Durante a época romana Alexandría continuou nominalmente como cidade libre grega, co seu propio Senado. Non foi só o centro do helenismo, tamén foi a cidade xudía máis grande do mundo.
Na antigüidade, Alexandría foi coñecida polo seu faro, unha das sete marabillas do mundo e a súa biblioteca, a máis grande do mundo, chegou a contar con máis de 700.000 volumes.
A cidade pasou formalmente a estar baixo xurisdición romana no 80 a.C., aínda que a influencia romana comezara un século antes. Xulio César estivo en Alexandría no 47 a.C. baixo a hospitalidade de Cleopatra, Marco Antonio vai seguir o seu exemplo.
Alexandría recuperou a súa vella prosperidade, converténdose no alpendre de Roma, esta foi unha das principais razóns que induciron a Augusto a poñela directamente baixo o poder imperial. No ano 215 o emperador Caracalla visitou a cidade, e para pór fin a algunhas sátiras que os habitantes da cidade fixeran sobre el, mandou ás súas tropas matar a toda a xente nova capaces de portar armas, do que resultou unha masacre xeral.
No ano 616 foi tomada polo rei dos persas, e do 642 polos árabes, que no ano 969 mudan a capital para O Cairo