Alcman
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alcmán ou Alcmeón é o fundador da poesía lírica dórica no século VII a.C.. Natural de Lidia, escravo en Esparta, onde viviu coa familia dos Axesidas, que o emanciparon.
En 1855 descubriuse nun papiro exipcio un amplo fragmento de Parthenion, o único conservado dos seis libros que escribiu. Na antiga Grecia considerábase como o creador da poesía de amor.