Alcifrón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alcifrón foi un retórico grego do século II, contemporáneo de Luciano. Autor dunha serie de cartas ficticias en dialecto ático que reflicten o carácter e costumes dos seus contemporáneos.
Consérvanse 118 cartas e 6 fragmentos, consideradas modelo de estilo, os supostos escritores son campesiños, mariñeiros, parasitos e cortesanos que expresan os seus sentimentos nunha linguaxe elegante e con moito realismo. Alcifrón colle moitos dos seus carácteres cortesáns de Menandro.