Alceo de Mitilene
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alceo (Ἀλκαῖος en grego antigo) (~620 a.C. - século VI a.C.) foi un poeta lírico grego, contemporáneo, rival e talvez amante de Safo.
Alceo pertencía á clase aristocrática de Mitilene e a súa familia opúñase aos tiranos da cidade (Melancro, Mirsilo, Pítaco) que se apoiaban nas clases populares. Os seus irmáns maiores combatiran a Melancro e o mesmo Alceo participou nun complot contra Mirsilo, polo que se tivo que se exiliar a Pirra, ao sul da illa. Voltou á morte deste grazas á moderación de Pítaco, ainda que tivo que exilarse outra vez, máis tempo, a Exipto. Volveu en 580 cando Pítaco declarou a amnistía. Alceu participou na guerra de Lesbos polo control de Sixeo contra Atenas.
Alceo escribiu no dialecto eólico. Consérvanse uns 200 fragmentos das súas poesías, himnos, odas para banquetes e epigramas, chegados a nós a través dos gramáticos antigos e en citas de Píndaro, máis uns achados en papiros exipcios. Inventou unha rima, chamado verso alcaico, que máis tarde empregou Horacio.
Alceo cantou á guerra, a acción militar e contra a tiranía. Reflexiona sobre a sorte da súa cidade, tinxíndoa de dor e nostalxia pola derrota e o exilio. Ademáis deste compromiso civil, no que deixa traslucir o odio, presenta cantos de amor e de gozo da alegría inscritos nunha recreación da paixaxe e da violencia das estacións. O estilo é áspero e sobrio.