Al-Ghazali
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abu Hamid Muhammad ibn Muhammad al-Ghazali ( Tus 1058 - Tus 1111) teólogo islámico e filósofo persa de lingua literaria árabe, coñecido tradicionalmente como Algazel en Europa durante a Idade Media, contribuíu decisivamente no desenvolvemento teórico do sufismo e da súa aceptación como corrente islámica.
Al-Ghazali deu clases na madrasa Nizamiyyah de Bagdad, a escola máis importante da época de ouro da civilización islámica, entre 1091 e 1096, ás súas clases ían centos de alumnos, incluíndo profesores doutras escolas de xurisprudencia.
Deixou Nizamiyyah e principiou unha viaxe espiritural durante unha década, visitou Damasco, Xerusalén, Hebrón, Medina, A Meca e volveu a Bagdad onde parou brevemente antes de voltar a Tus para pasar os próximos anos en reclusión, no ano 1106 subspendeu a súa reclusión para un breve período de ensino na madrasa de Nishapur.
Foi clave no aumento da influencia da escola asharita na filosofía islámica e o máis importante opoñente aos Mutazilitas. O seu libro Tuhafut al-Falasifa (A incoherencia dos Filósofos) é o maior expoñente da epistemoloxía islámica, e Ghazali retomou o esceptiscismo filosófico que non voltará a ser común ata o século XVIII con George Berkeley e David Hume, este encontro co esceptismo conduciu a Ghazali a teorizar sobre unha forma de ocasionalismo teolóxico ou a crenza que a causa dos sucesos e accións non son o produto de conxuncións materiais senón da inmediata acción de Alah, pensamento que será retomado polos fundamentalistas islámicos. No libro tamén rexeita a filosofía de Platón e Aristóteles por contaminar a fe islámica.