Airbus A319
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Airbus A319 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves.
É un modelo acurtado derivado do A320 con cambios mínimos. Debido a que ten os mesmos depósitos de combustible, pero menos pasaxeiros (124 en configuración de 2 clases), o seu alcance vese aumentado ata os 7.200 km, o maior da súa clase. Igual que o A320, posúe mandos de control fly-by-wire.