Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bioloxía en progreso: Este artigo relacionado coa Bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. |
A aguia cobreira (Circaetus gallicus) é unha ave rapaz. As partes inferiores son brancas, mesmo as das ás, e con frecuencia o peito e a testa escuras. A plumaxe da cabeza pode ser clara ou máis común escura. Habita en zonas de montaña, bosques e costas. Aliméntase de cobras, lagartos e ras. Aniña nas árbores. A súa lonxitude varía entre os 63 e 68 cm e a súa envergadura entre 185 e 185 cm, pesa entre 1'7 e 1'8 cm e ten unha esperanza de vida de 17 anos.
Habita na zona mediterránea, en Rusia, Oriente Medio chegando ata Paquistán e a India, mesmo algunhas illas de Indonesia. En Europa é a Península Ibérica onde a aguia cobreira é máis común, mentres noutras zonas de Europa está en serio perigo de se extinguir.