Agde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Agde, comuna do departamento de Hérault, rexión de Languedoc-Roussillon, Francia. 20.303 habitantes (1999), na beira do río Hérault a catro quilometros do Mar Mediterráneo.
Agde é coñecida pola súa lava basáltica, usada na arquitectura local, como pode verse na catedral de Saint-Etienne do século XII
O nome deriva dunha antiga colonia grega, Agathé Tyché, a boa fortuna, fundada polos foceos procedentes de Marsella contra o 600 a.C., os romanos déronlle o nome de Agatha Narbonensis.
Durante a Idade Media o vizcondado de Agde pertenceu á casa de Trencavel, antes de ser anexionada polos reis de Francia despois da cruzada contra os albixenses
[editar] Economía
Estación balnearia, turismo, comercio, a economía tradicional baseabase na pesca e na viticultura.
[editar] Cap d'Agle
No barrio de Cap d'Agle está un dos centros nudistas máis grandes do mundo en supercifie.