Afonso IX
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Afonso IX (Zamora, 1171-Zamora, 1230), rei de León entre os anos 1188 e 1230. Segundo a numeración cronolóxica real do Reino de León, debería ser coñecido como Afonso VIII de León, pero a súa denominación co ordinal IX é a máis habitual.
Fillo de Fernando II e da princesa Urraca de Portugal. Enfrontouse a súa madrasta e o seu medio irmán pola coroa de León. Para facer máis forte o seu dereito ao trono convoca a Curia Rexia e recibe o apoio do clero, os nobres e as autoridades. En 1218 funda, xunto co seu fillo, a Universidade de Salamanca.
Os seus dous "estratéxicos" matrimonios (coa súa prima Teresa de Portugal en 1196 e coa súa sobriña Berenguela de Castela en 1204) foron anulados polo Papa debido á cosanguinidade coas súas esposas.
Tras romper con Berenguela céntrase na rivalidade do seu reino co de Castela. En 1217 a súa ex esposa abdica sobre o fillo de ámbolos dous,Fernando III o Santo, polo que este se traslada xunto á súa nai a gobernar o reino castelán. É entón cando se centra en combater os árabes. As súas conquistas máis soadas son en Extremadura: Cáceres (1229), Mérida e Badaxoz (1230).
Á súa morte, acontecida en 1230, deixa o seu reino a Sancha e Doce, fillas do seu primeiro matrimonio, pero finalmente é Fernando III o Santo, fillo do seu matrimonio con Berenguela, o que reina en León e o une con Castela definitivamente nunha soa coroa.