Adán e Eva
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
De acordo co Libro do Xénese da Biblia, Adán (en hebreo אדם ’Ādhām Adam "Pó; humanidade") foi o primeiro home criado por Deus. A súa compañeira, tamén criada por Deus, chamada Eva ou Hawa, a primeira muller, fora formada dunha costela de Adán mentres este se atopaba adormecido. Ámbolos dous foron expulsados do Paraíso ao desobedecer as ordes de Deus.
Tamén segundo a Biblia, Adán viviu 930 anos.