Achkhabad - Aşgabat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Achkhabad (Aşgabat en turcomeno) é a capital de Turcomenistán. Ten unha poboación de 773.400 habitantes e está situada entre o deserto de Karakum e as montañas de Kopetdag.
Achkhabad fundouse en 1818, aínda que se sitúa preto de Nisa, a antiga capital dos partos. En 1869 o exército ruso construíu un forte nun outeiro próximo á vila, o que deu seguridade á zona e atraeu a mercaderes e artesáns. En 1884 Rusia anexiou a rexión. Depois da Revolución rusa a cidade chamouse Poltoratsk ata 1927 no que se recuperou o antigo nome. En 1948 un sismo destruíu a cidade que tivo que ser reconstruída. O 27 de outubro de 1991 a cidade converteuse na capital dun estado soberano.