Abundio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abundio é un nome propio galego de varón, provén do nome latino Abundius derivado do adxectivo posclásico abundus (abondoso). No mundo cristián fíxose popular polo santo Abundio de Como do século V.
[editar] Outras linguas
- Abbondio: italiano
- Abonde: francés
- Abundi: catalán
- Abundio: portugués, castelán
- Abundius: latín, inglés