Abeledo, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Santa María de Abeledo é unha parroquia do concello de Abadín. Nos seus 17 lugares viven 183 veciños.
[editar] Santa María de Abeledo
- Limita coas parroquias de Goás, Baroncelle, Moncelos e Vilarente e pertence ao arciprestazgo de Baroncelle. A partida máis antiga que se recolle no arquivo parroquial corresponde o ano 1586. Ten 17 entidades de poboación, 5 lugares e 183 veciños, sendo a densidade media de poboación no 2004, de 20 hab/km²
- As entidades son as seguintes: Cabo de Vila (9), O Campo (4), O Carballo (32), A Coroza (2), O Coto (27), A Fervoira (1), Foxacos (14), O Outeiro (2), Os Pasandellos (5), A Reboira (6), As Regas (8), Sabugos (8), Touceiras (9), Toxeiro (14), Trasón (7), A Valiña (2) e A Vesada (33).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: Abeledo de Abaixo, Abeledo de Arriba, O Carboeiro, Os Caxigos e A Torre.
Situación xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 19'
Lonxitude: 7º 28'
Superficie: 9,16 km²
Altitude media: 520 m
- 'Paisaxe'
Na parroquia de Abeledo podese encontrar unha paisaxe moi diversa, empezando na parte máis alta polo monte Corda de Neda, dunha superficie de 430 ha, as cales pertencen na súa totalidade ós veciños da parroquia. Dende o séu cume (800 m) podemos divisar casi a totalidade da comarca de a Terra Chá e gran parte da provincia de Lugo. Neste monte, a parte do seu pinar podemos disfrutar da presencia de cabalos salvaxes, cabras e vacas. Baixando atopamos a zona de casas e a zona agricola, a cal aínda conserva as tradicións antigas de rotación de cultivos nos seus vilares, dando lugar a un mosaico de vexetación moi diverso. Na parte máis baixa hai que destacar o rego da Fraga, un pequeno regato no que habitan fermosas troitas rodeadas de castiñeiros e carballos. Este rego consta de 8 edificacións antigas, as cales se utilizaban na sua época de explendor, fai non moitos anos. Entre as edificacións destacan un mazo, 5 muiños de auga, un dinámo para producir corrente con auga, e unha moa de afiar tamén movida pola auga desde pequeno regato.(Parga E.)
- Monumentos
A Igrexa Parroquial de Santa María de Abeledo está localizada na aldea de Touceiras; é unha igrexa construída no seculo XVII sobre un antigo castro e rodeada dunha espesa arboreda autóctona que fai do lugar un bonito paraxe. Sufriu reformas posteriores. Ten unha nave de pranta rectangular, coa capela maior máis elevada e a sacristía adosada na cabeceira. A cuberta é de pizarra a dúas augas na nave e a catro na capela maior. A fachada ten un arco adintelado e espadaña dun só vano, rematada con puntas de diamante. No interior atopase un arco triunfal de medio punto, dous retablos barrocos e gran cantidade de imaxes dos séculos XVII e XVIII, coa curiosidade de atoparnos cunha lápida de pedra do s. XVII con fundacións piadosas.
Esta parroquia tamén consta dun castro e dunha pequena capela, moi preto un do outro.
Lugares da parroquia de Abeledo no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
Cabo de Vila | O Campo | Carballo, O | Coroza, A | Coto, O | Fervoira, A | Foxacos | Outeiro, O | Pasandellos, Os | Regas, As | Reboira, A | Sabugos | Touceiras | Toxeiro | Trasón | Valiña, A | Vesada, A |