Ñu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ñu | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
Connochaetes taurinus Connochaetes gnou Connochaetes taurinus cooksoni Connochaetes taurinus albojubatus Connochaetes taurinus johnstoni |
||||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O ñu é un mamífero artiodáctilo rumiante, pertencente á familia dos bóvidos.
Índice |
[editar] Descrición
Este animal aseméllase moito a un antílope, ten patas delgadas e un corpo e cabeza máis ben macizos, coa pel dunha cor que oscila entre o gris e o pardo. Ten ademais unha crina negra que parte dende a nuca e chégalle ata a metade do lombo, así como unha cola longa rematada igualmente por unha crina negra. Os cornos deste animal, presentes tanto en machos coma fémias, están curvados hacia arriba, lixeiramente cara atrás. Cada un destes animais pesa arredor dos 250 kg, e pode vivir uns 20 anos.
[editar] Hábitat
O ñu vive en grandes rabaños na sabana africana. Atopámolo sobre todo en Sudáfrica, Namibia, Quenia e Tanzania.
[editar] Especies
Existen dúas especies de ñus:
[editar] Curiosidades
O ñu é empregado como símbolo de GNU, debido á coincidencia de nomes, pois pode usarse gnu ou wildebeest para este animal en lingua inglesa.