Ás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ás (en latín unidade) era a moeda base do sistema monetario da república romana. Moeda de bronce ó comezo equivalía o peso dunha libra romana (273 gr), aínda que progresivamente foi reducindo o seu grandor. Intruduciuse arredor do 280 a.C. Tras a reforma monetaria de Augusto, coa introdución do ouro no sistema monetario, o denario como unidade base da moeda de prata e unha nova moeda de bronce, o sestercio, o ás seguiu a se cuñar pero xa como unha moeda de cobre, de moi baixo valor (10.9 gr), ata o século III.
[editar] Divisores
- bes (2/3)
- semis (1/2)
- quincunx (5/12)
- triens (1/3)
- quadrans (1/4)
- sextans (1/6)
- uncia (onza) (1/12)
- semuncia (1/24)
[editar] Múltiplos
- dupondius (2)
- sestertius (2.5)
- tressis (3)
- quadrussis (4)
- quinquessis (5)
- denarius (10)
[editar] Galicia
En Galicia o ás xunto ó denario foi a primeira moeda que se cuñou, foi no ano 25 a.C. na ceca móbil de Lugo, utilizouse para pagar ó exército romano e tiña un peso aproximado de 10 gr.